Cartaxinense

Cartaxinense

Convento xurídico da Hispania romana pertencente á provincia Tarraconense, aparecido despois da reorganización administrativa de Augusto no 27 a C e con capital en Cartago Nova ou Cartago Espartaria. Converteuse en provincia durante o goberno do Emperador Diocleciano entre os anos 297 e 305 d C, e comprendía a costa mediterránea da Península Ibérica desde Sagunt, ao N onde limitaba coa Tarraconense, ata o golfo de Almería, ao S, onde limitaba coa Bética, e incluía o antigo territorio dos oretanos, dos carpetanos e parte dos celtíberos, ademais das Illes Balears desde o 385. A división perdurou durante o reino visigodo, ata o 554, cando unha parte do territorio foi conquistada polos bizantinos, que a incorporaron á Mauritania Secunda. A outra parte da provincia comprendía Toledo, que se converteu en capital do reino visigodo. Despois da reconquista dos visigodos (615-624), a provincia recibiu tamén o nome de Cartaxinense Espartaria e, probablemente, os de Aurariola e Oróspeda.