Cartelos, pazo de
Cartelos, pazo de
Situado en San Estevo de Cartelos (Carballedo) foi construído ao longo de diferentes épocas, sobre todo durante o s XVIII, sobre unha antiga casa torre. De planta rectangular, organízase ao redor dun patio tamén rectangular que conserva un corredor nos lados maiores e unha escaleira nun lateral. Nos salóns e corredores interiores consérvanse pinturas ao temple a base de grecas e paxaros, obra de Castinande. Ten unha capela do s XVIII.