cartesianismo

cartesianismo

(

s m [FILOS]

Conxunto de doutrinas elaboradas por Descartes. En Francia difundiuse a pesar da oposición do Santo Oficio, da prohibición real de ensinalo (1671) e da oposición de atomistas, empiristas e xesuítas. A rama máis vigorosa desta doutrina foi a de Malebranche. Tamén tivo seguidores nos Países Baixos (Heerebord e Lambert), Alemaña (Clauberg) e Italia (Fardella) durante os ss XVII e XVIII. Neste último século manifestouse a oposición contra o cartesianismo por parte dos filósofos defensores da nova filosofía natural, centrada en aspectos como a física mecanicista (dinamismo de Leibniz e a mecánica de Newton) e o innatismo (Locke e Berkeley). Con todo, a influencia cartesiana fíxose sentir ata o s XX, tal e como aparece plasmado no libro de Husserl Méditations Cartésiennes (Meditacións cartesianas, 1931).

Palabras veciñas

Carter, Lester | Carterio | Cartes | cartesianismo | cartesiano -na | cartíbulo | Cartier, Jacques