cartilaxinoso -sa
cartilaxinoso -sa
(< cartilaxe)
-
adx
[BIOL]
Relativo ou pertencente á cartilaxe.
-
adx
[BOT]
Aplícase a calquera parte dun vexetal que ten unha consistencia semellante á do tecido cartilaxinoso, como o talo de certas algas ou o endosperma de moitas sementes.
-
peixes cartilaxinosos
[ICT]
Peixes que pertencen á clase dos condritios, que reciben este nome co fin de distinguilos dos pertencentes á clase dos osteitios ou peixes óseos.
-
tecido cartilaxinoso
[BIOL]
cartilaxe.