carvea
carvea
(<ár al-karāwiyā ‘o comiño dos prados’)
s
f
[PLANTA]
Herbácea do xénero Carum, da familia das apiáceas, de follas pinnadas, raiceira de forma fusiforme, flores pentámeras e froito lateralmente comprimido e liso con costelas lonxitudinais. En Galicia están presentes as especies C. verticillatum, de ata 100 cm de altura, con numerosas bractéolas e pétalos brancos, común en ambientes húmidos; e C. carvi, de ata 130 cm de altura, de bractéolas ausentes e pétalos rosáceos, que constitúe unha especie propia de prados e bosque de montaña. Emprégase na elaboración de embutidos e como condimento de sopas, salsas, carnes e outros alimentos.