cacharela
(< lat *quassare ‘escachar,romper’)
-
-
s
f
Conxunto de leña ou doutros materiais deitados no chan que se queiman para dar calor, como sinal, etc, e que producen fortes lapas.
Sinónimos: larada, lumarada, lumeirada, lumieira, fogueira. -
cacharela de San Xoán ETN
[ETN]
Conxunto de leña, toxos, xestas ou piornos que amontoan na tarde da véspera de San Xoán os mozos das aldeas. O amoreamento faise nun lugar céntrico do lugar e, se é posible, nun cruzamento de camiños onde están a pasar, a cotío, persoas e animais. Os veciños tentan colaborar e procuran que a súa cacharela sexa a máis grande. Á noitiña préndeselle lume e faise unha roda ao redor, bailando e aturuxando. Ao se consumir a leña, vaise saltando por riba das últimas lapas para así poder tirar os meigallos do corpo. Ao día seguinte, pola mañanciña, faise pasar o gando por riba dos tizóns e da borralla, recitando, ao mesmo tempo, un esconxuro, para previlos de enfermidades.
-
s
f
-
s
f
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘maseira (dos porcos)’.
-
s
f
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘rosquilla’.