Casanova
Casanova
-
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. O nome de lugar Casanova, transparente no seu significado, está moi espallado nas terras galegas. Documéntase no s XVIII: “Alverto Casanova” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 148).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que estableceu a súa casa principal en Trives. Tamén fundou casas en Toiriz, Pantón e A Rúa. As súas armas levan, en campo de ouro, un león de goles, acompañado no alto e no baixo por unha faixa de sinople. Outra variante trae escudo partido en pao: primeira partición, en campo de ouro, con dúas bandas de goles; segunda partición, en campo de prata, cunha aguia negra.