1 casar

1 casar

(

  1. v t

    Unir dúas persoas en matrimonio. Na tradición oral recóllense ditos como: “Antes de casar ter casas en que morar, terras en que traballar e viñas que podar. Ben ou mal casarme han; mal ou ben, non sei con quén. Casar a moza co vello non é bo consello. Casar, bo é de facer, pero é malo de roer. Casar de mociños, e andar esfarrapadiños, i encher a casa de meniños. Casaron a Xan con Sabela; se ruín é el, pior é ela. Pra mal casar, val máis solteiro estar. Quen casa unha filla gana un fillo; quen casa un fillo perde o fillo”.

    Ex: Casounos o cura dunha parroquia próxima. Casaron onte no xulgado ás doce do mediodía.

    Sinónimos: desposar. Antónimos: descasar.
  2. v t

    Dispor un superior o casamento de alguén que está baixo a súa autoridade.

    Ex: Casou a filla cun enxeñeiro.

    Sinónimos: desposar.
  3. v t

    Emparellar ou facer coincidir unha cousa con outra.

    Ex: Non casou ben as pezas do crebacabezas e non o deu rematado.

  4. v i

    Contraer matrimonio.

    Ex: Casou no concello porque non quería casar pola igrexa.

  5. v i

    Unirse dúas ou máis cousas de maneira que coincidan perfectamente ou que formen un conxunto harmónico.

    Ex: O caixón da mesa non casa ben porque inchou coa humidade.

  6. v i

    Estar en perfecta harmonía ou correspondencia dúas ou máis persoas ou cousas.

    Ex: Se ti dis iso, as contas non casan. A colcha azul que comprou non casa coa cor da parede.

Frases feitas

  • Casar á miñoca. Casar sen diñeiro.

  • Casar por detrás da igrexa. Viviren xuntas dúas persoas sen legarizaren a súa relación.

  • Casou no demo unha filla e deulle o voto con auga. Dise cando chove moito.