Casea
Casea
[PALEONT]
Xénero de réptiles herbívoros fósiles da orde dos pelicosauros, de principios do Pérmico. De ata 120 cm de lonxitude, presentan corpo groso e barrigudo, debido aos intestinos moi longos que teñen para permitir a dixestión da súa dieta herbívora, e unha cabeza pequena e cadrada, sen dentes na mandíbula inferior e con dentes grosos de bordos romos e ondulados na superior.