Casón

Casón

Buque de bandeira panameña que embarrancou a 150 m do cabo Fisterra o 5 de novembro de 1987 por mor do mal tempo. O barco, procedente de Hong Kong, transportaba 2.000 bidóns que contiñan produtos inflamables (entre eles 720 de disocianato de difenilmetano e outros de sodio metálico) que, ao incendiarse, provocaron unha nube tóxica que afectou a unha poboación de máis de 15.000 h dos concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Muxía e Camariñas.