Caspio, Mar

Caspio, Mar

Mar pechado situado entre Europa e Asia que ocupa a parte máis profunda da gran depresión caspiana (371.000 km2). Limita ao N e ao L con Kazakhstán, ao SL con Turkmenistán, ao S con Irán, ao SO con Acerbaixán e ao O con Rusia. Pódese dividir en tres partes: a setentrional, menos fonda, onde desembocan o Volga e os ríos dos Urais; a central, cunha profundidade media de 210 m e máxima de 790 m; e a meridional, cunha profundidade máxima de 995 m. O cambio de temperaturas é moi acusado no N. A forte evaporación fai baixar o nivel da auga, malia o gran caudal que proporcionan os ríos tributarios. A pesca, antes importante, diminuíu moito a súa produción. Os portos máis destacados son Astrakhan e Bakú. A fauna é de orixe mariña ou de augas doces.

Palabras veciñas

caspento -ta | caspiano -na | caspio -pia | Caspio, Mar | caspirro | casposo -sa | Casque d’or