Castiñeira

Castiñeira
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun topónimo que remite ao latín vulgar castanearia ‘lugar onde abundan os castiñeiros’. Documéntase no s XIII: “Lupus Castinaria” (doc ano 1227 en Ángel Rodríguez González/José Ángel Rey Caiña, “Tumbo de Lorenzana” Estudios Mindonienses 8, 1992, p 169).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, dúas bandas de azul.

Palabras veciñas

Castiñeira | Castiñeira | Castiñeira | Castiñeira | Castiñeiras | Castiñeiras | Castiñeiras