castizo -za

castizo -za

(< lat v *casticĕu ‘queten caste’)

  1. adx

    Que é de boa raza e que, polo tanto, serve para a reprodución da mesma.

    Ex: Esta granxa ten animais moi castizos.

  2. adx

    Que é propio e específico dun país ou dunha rexión, como a lingua, as tradicións ou os costumes e que non se encontra mesturado con nada.

    Ex: Os costumes castizos definen a maneira de ser dun lugar.

    Sinónimos: enxebre.
  3. s m

    Porco semental.

    Ex: Este porco vai quedar de castizo porque é de boa raza.

    Sinónimos: cachaceiro, castal, castizal, verrón.
  4. s m

    Acción ou efecto de castizar.

Frases feitas

  • Andar ao castizo. Andar a porca en celo.