Cástor

Cástor
Nome científico: [gr: Κάστωρ]
[MIT]

Heroe grego, fillo de Leda e irmán xemelgo de Pólux, co que formaba o grupo dos Dióscuros (Dιόσκουροι ‘fillos de Zeus’). Como combatentes, un guerreiro e o outro boxeador, participaron na expedición dos argonautas na procura da pel do castrón de ouro, na captura de Calidón e axudaron a Xasón e Peleo a saquear Iolco. Nas lendas romanas aparecen tamén na Batalla do lago Rexilo (449 a C) axudando os romanos.

Palabras veciñas

castor | Castor | Cástor | Cástor | Cástor | castóreo | castórido -da