castra*
castra*
s
m
Campamento militar que o exército romano construía con carácter ocasional para pernoctar ou, de xeito permanente, para invernar (hibernacula). O recinto, de planta cuadrangular, estaba protexido por un foso e por unha muralla. No seu interior o espazo organizábase arredor de dúas vías perpendiculares: o decumanus, de N a S, e o cardo, de L a O. As construcións e as tendas dispoñíanse seguindo as vías e no cruzamento das dúas vías situábase o altar, un pequeno foro e a residencia do xeneral (pretori).