castrato*
castrato*
s
m
[MÚS]
Cantor privado dos testículos antes da puberdade co fin de lle conservar a voz infantil de soprano ou de contralto, reforzada pola capacidade pulmonar adulta. Acadou gran relevancia en Italia nos ss XVII-XIX, feito motivado pola prohibición papal de cantaren as mulleres na igrexa. Ao mesmo tempo, o gusto musical barroco polo virtuosismo vogal estendeu o seu uso por toda Europa, especialmente na ópera, onde perdurou ata mediados do s XIX. Entre os castrati máis importantes destacan, entre outros, Carlo Broschi Farinelli, Gioacchino Conti, Luigi Marchesi e Girolamo Crescentini.