Castrelo
Castrelo
-
[ONOM]
Diminutivo correspondente ao apelido Castro. Documéntase dende o s XIII: “Pelagius Arie de Castrello” (doc ano 1233 en Boletín de la Real Academia Gallega, número 209-210, p 148). Adoita aparecer castelanizado como Castrillo.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe procedente de Castrelo de Miño. As súas armas traen escudo mantelado en punta: primeiro e segundo, en campo de prata, cun castelo de sinople ou armiño; mantel de goles, cunha torre de prata.