Castrillón
Castrillón
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe asturiana que se asentou en Betanzos e noutros lugares do nordeste de Galicia. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cunha torre de azul aclarada de goles, sobre unha rocha de sinople, ao seu pé un río de azul e prata, e diante da porta da torre, un loureiro de sinople; segunda partición, en campo de ouro, con dous lobos de goles, pasantes, postos en pao; bordo de goles, con oito aspas de ouro.