catalogación

catalogación

(< catalogar)

  1. s f

    Acción e efecto de catalogar.

  2. normas de catalogación [BIBLIOT]

    Conxunto de regras para a elaboración dos catálogos dunha biblioteca. Entre as normas de catalogación máis antigas cómpre subliñar a Introdution pour procéder à la confection du catalogue... (Introdución para proceder á confección dun catálogo...), establecida a partir do 1791 nas bibliotecas de París; as Rules for compiling the Catalogues (Regras para compilar os catálogos), seguidas polo British Museum a partir do 1830; ou as Instruciones para la redacción de los Catálogos en las Bibliotecas públicas del Estado, elaboradas pola Junta Facultativa de Archivos, Bibliotecas y Museos no ano 1902. Desde os anos sesenta do s XX, sen embargo, intentáronse unificar internacionalmente as normas de catalogación. Con este obxectivo, a American Library Association elaborou no 1967 as Anglo-American Cataloging Rules (Normas de catalogación anglo-americanas, AACR), que tiveron unha segunda edición en 1978, e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios (FIAB), edita e actualiza dende 1973 as International Standards Bibliographic Description (Descrición bibliográfica estándar internacional, ISBD). Estas normas, adaptadas ás necesidades de catalogación de materiais diversos, monografías -ISBD (M)-, publicacións periódicas -ISBD (S)-, etc, son unha ferramenta básica de catalogación en todo o mundo. A introdución da informática fixo preciso un novo tratamento da información bibliográfica para podela ler e tratar por ordenador, o que deu orixe ao formato MARC (Machine All Readable Cataloging), establecido pola Library of Congress dos EE UU; sen embargo, a intención universal deste formato terxiversouse parcialmente coa aparición de formatos rexionais, como o Ibermarc no ámbito español.

Palabras veciñas

catalizador -ra | catalizar | catalogable | catalogación | catalogador -ra | catalogar | catálogo