catena

catena

(

  1. s f [BOT/XEOG]

    Conxunto do tipo de vexetación ordenado no espacio como consecuencia da alteración, máis ou menos regular, nun sentido determinado, dun factor ecolóxico importante. É a realización concreta do concepto xeral de zonación. Así, pódese falar, por exemplo, de catena latitudinal que se estende desde o Ecuador ao Polo; de catena altitudinal nunha montaña; dunha catena de comunidades epifitas enriba do tronco dunha árbore, etc.

  2. s f [LIT]

    Figura retórica coa estrutura dunha anadiplose continuada, que repite a última palabra ou grupo de palabras que aparecen ao final de cada verso no comezo do verso seguinte.

  3. s f [XEOL]

    Conxunto ordenado espacialmente de solos derivados da mesma rocha nai pero de características distintas orixinadas polas alteracións nun factor ecolóxico determinado, como son os sucesivos solos que se atopan desde o cume dunha montaña ata o fondo dun val.

Palabras veciñas

categorizar | Cateliña | caten(a)- | catena | Catena, Vincenzo | catenal | catenaria