catequese

catequese

(

  1. s f [RELIX]

    Acción de catequizar, é dicir, de ensinar metodicamente a doutrina cristiá dun xeito apropiado ás distintas persoas (nenos, adultos, bautizados ou non bautizados). Antigamente, era a predicación que se realizaba para os adultos que ían recibir o bautismo, durante o catecumenado. Consistía en explicar, durante o tempo de coresma, os fundamentos da fe e tamén o sentido e o contido dos sacramentos e dos ritos litúrxicos (catequese mistagóxica ou de iniciación). Facíase durante a Pascua cos neófitos ou cos acabados de bautizar. Cando se xeneralizou o bautismo dos nenos, a función da catequese foi a de ensinar os fundamentos da fe e, máis comunmente, unhas normas morais que reflectían as preocupacións propias de cada época (a conversión de xudeus, de musulmáns, a Contrarreforma, etc). Despois das disposicións tridentinas, comezou o ensino da doutrina cristiá durante a misa dos domingos ou das festas para o pobo adulto, a catequización dos nenos por parte dos rectores ou dos mestres e a publicación de catecismos.

    Sinónimos: catecismo, catequismo.
  2. s f

    Ensino a través de preguntas e respostas.

    Sinónimos: catequismo.