Catha

Catha
[PLANTA]

Xénero de arbustos da familia das celastráceas. Nel destaca a especie Catha edulis, propia da Península Arábiga e do corno de África. Cultívanse as follas e xemas porque conteñen un alcaloide, a norpseudoefedrina (catina), similar á cafeína; estas pódense mastigar en fresco ou utilizarse para a elaboración de infusións estimulantes.

Palabras veciñas

catetómetro | catexar | catgut* | Catha | Cathartes | Cather, Willa | Catiano