1 caudal

1 caudal

(

  1. s m

    Cantidade de auga dun manancial, dun rego, dun río ou doutra corrente.

    Ex: O caudal do regato triplicouse desde o mes pasado debido ás intensas chuvias que houbo.

  2. s m [FÍS]

    Magnitude que expresa a cantidade de fluído que, por unidade de tempo, atravesa unha sección do conduto polo que circula. Mídese en m 3 /s e en kg/s e nos seus derivados. O caudal Q é o produto da velocidade v do fluído pola sección de paso s: Q=vs.

  3. caudal cardíaco [FISIOL]

    Volume de sangue impulsado por un ventrículo durante un minuto.

  4. caudal sólido [XEOL]

    Cantidade de materiais sólidos que atravesan a sección dun curso de auga durante unha unidade de tempo.

  5. caudal urinario [FISIOL]

    olume de ouriños excretados nun tempo determinado.

Palabras veciñas

caucionar | cauco -ca | caudado -da | 1 caudal | 2 caudal | caudalímetro | caudaloso -sa