Cavorcas, As

Cavorcas, As

Monte da serra do Eixe, situado na parroquia de Vilanova, concello da Veiga. O seu cumio acada os 1.437 m de altitude. Recibe o seu nome polas formas de erosión das súas vertentes, orixinadas polas correntes superficiais das augas.