cazo

cazo

(< lat tardío cattĭa‘taza’?)

  1. s m

    Recipiente de cociña, xeralmente máis amplo pola boca ca polo cu, cun mango longo que se emprega para quentar ou ferver líquidos.

    Ex: Todas as mañás quenta o leite no cazo.

  2. s m

    asilla metálica semiesférica ou cilíndrica dotada dun mango longo, que usualmente remata nun gancho, utilizado para transvasar líquidos dun recipiente para outro.

    Ex: Botoulle tres cazos de caldo no prato.

    Sinónimos: cullerón.
  3. s m

    Recipiente con buracos no fondo empregado para asar castañas.

    Sinónimos: caldeiro, tixolo.
  4. s m

    Contido do encefalotórax dalgúns mariscos crustáceos, como a centola ou o boi. Trátase dun manxar caldoso de sabor variable, frecuentemente intenso e moi agradable, que se consome só ou ben coa mestura dos corais, se están presentes, ou coa carne do mesmo animal. Tamén se emprega como base para outras preparacións culinarias.

Frases feitas

  • Mangar o cazo. Non facer nada.

Palabras veciñas

cazatorpedeiro | cazcarra | cazcarrollo | cazo | cazoeira | cazola | cazolada