cazuela*

cazuela*
s f [LIT]

Lugar que ocupaban as mulleres das clases populares nos corrales de comedias dos teatros españois do s XVII. Situábase ao fondo do teatro, normalmente no primeiro piso, ao que se accedía por unha escaleira lateral. A orixe do seu nome está, posiblemente, na forma semicircular que adoitaba ter ou na alusión metafórica sobre o “fervedoiro” de mulleres que alí se amontoaban.

Palabras veciñas

Cazoneira | Cazorla | Cazorla, serra de | cazuela* | cazulete | cazume | cazurrería