cebado -da

cebado -da

(< cebar)

  1. p reg

    de cebar.

  2. adx
    1. Aplícase ao animal que está ben alimentado.

      Ex: O porco que matamos onte estábache ben cebado.

    2. Aplícase á persoa que está moi gorda.

      Ex: O fillo da Uxía está tan cebado que xa non entra pola porta.

  3. s m [PLANTA]

    2 ceba.

  4. s m [FÍS]

    Iniciación máis ou menos rápida dunha descarga eléctrica nun gas. A tensión de cebado depende do gas e das condicións nas que se produce a descarga, especialmente da presión do gas e da separación dos electrodos.

  5. s m [FÍS]

    Conxunto de fenómenos transitorios que preceden ao establecemento da fem e da corrente de excitación dunha dínamo autoexcitada.

  6. s m [FÍS]

    Acción de encher e de manter cheo de líquido o cano de aspiración dunha bomba para que se poida producir a succión normal do líquido. Pódese acadar cunha válvula de retención ou ben mediante unha bomba autocebadora.

  7. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao animal, xeralmente o lobo, que leva unha presa na boca.