cédula

cédula

(< lat schedŭla, dim descheda ‘folla de papiro’)

    1. s f

      Documento de estrutura simple no que se recolle ou notifica un aviso, unha orde de comparecencia, un compromiso de pagamento ou datos persoais.

    2. cédula persoal [DER]

      Documento oficial de identidade creado en 1874 en España, no que se expresaba o nome, profesión, domicilio e outros datos persoais, e obtíñase tralo pago dun imposto. Máis tarde substituíuse polo Documento nacional de identidade.

    3. cédula real [HIST]

      Despacho expedido polo rei ou por un consello ou tribunal superior no seu nome, polo que se promulgaba unha lei ou se concedía unha graza ou privilexio. Apareceu en Castela baixo o reinado de Xoán II e mantívose ata a época dos Borbóns.

    4. cédula testamentaria [DER]

      codicilo.

    5. cédula xudicial [DER]

      Comunicación escrita dun tribunal pola que se convoca unha dilixencia ou se sinala un prazo para comparecer nun proceso.

  1. s f [BIBLIOT]

    Ficha documental dun catálogo.

  2. cédula hipotecaria [ECON]

    Obrigación emitida polo Banco Hipotecario de España ou por calquera outra entidade de crédito autorizada, garantida polos préstamos hipotecarios inscritos a favor da entidade emisora.

Palabras veciñas

Cedrón | Cedrón del Valle, Xosé | cedrón* | cédula | cedular | cedulario | Cee