cefalea
cefalea
(
s
f
[PAT]
Dor localizada na cabeza. Aplícase a calquera dor cranial sen incluír as da cara, a farinxe ou a rexión cervical. Caracterízase por unha sensación de peso, golpes repetidos e violentos, pulsacións, ardor e picaduras, entre outros síntomas. Trátase dun síntoma moi común, ocasionado por trastornos moi diversos, aínda que con frecuencia de pouca gravidade. Os tipos máis importantes son: a xaqueca, a cefalea histamínica de Horton, a cefalea de tensión e a cefalea que aparece como consecuencia de enfermidades neurolóxicas ou doutras enfermidades como sinusite, trastornos oculares, febre, insuficiencia respiratoria hipercápnica, hipertensión arterial e arterite temporal.