cefalocordado -da

cefalocordado -da

(< cefalo- + cordado)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cefalocordados.

  2. s m [ANIMAL]

    Animal do subfilo dos cefalocordados.

    Sinónimos: acraniado.
  3. s m pl [ANIMAL]

    Subfilo dos cordados, do grupo dos protocordados, que engloba animais mariños transparentes, comprimidos lateralmente, de forma alongada e de ata 7 cm de lonxitude. Presentan dun xeito primordial as catro características dos cordados: un cordón nervioso tubular disposto de xeito dorsal, fendeduras branquiais para a filtración de alimento, cola postanal para a propulsión e unha notocorda de estrutura flexible e que serve de eixe de inserción da musculatura. Na actualidade existen 25 especies, que viven nos fondos areosos de todos os mares, coñecidas como anfioxos.

    Sinónimos: acraniado.

Palabras veciñas

cefalismo | cefalización | cefalocárido -da | cefalocordado -da | cefalodio | cefalodíscido -da | cefalohematoma