Ceferino
Ceferino
Prenome latino derivado da voz zepherinus ‘relativo ao céfiro’, e esta, á súa vez, de Zephyrus, termo proveniente do grego ζέ ϕ υρος. O Céfiro, divindade que personificaba o vento, relacionábase antano co rexurdir da vida e da natureza. Ceferino (ss II-III), santo e papa, celébrase o 26 de agosto.