CEI, Grupo de teatro
CEI, Grupo de teatro
[ESPECT]
Grupo teatral fundado na Universidade Laboral de Ourense pola profesora Ánxeles Cuña no ano 1977. Unha das maiores novidades deste grupo foi a integración do traballo de alumnos e profesores que participaban por igual en labores técnicos, de produción ou de interpretación. Ata o ano 1989 denominouse Escolásticos Feroches e, a partir de 1990, adoptou o nome de Tarumba. Entre as montaxes realizadas destacan Asamblea xeral, de P. Enciso e Lauro Olmo (1978); O principiño, de S. Exupéry (1979); A cantante calva, de E. Ionesco (1990); Exercicios de estilo, de R. Queneau (1994); e O maleficio da bolboreta e Así que pasen cinco anos, ambas de F. García Lorca (1996).