Celeiros, pazo de
Celeiros, pazo de
Construción nobre do s XIX erixida polo cóengo Xoán Martínez en San Xosé da Carballeira (Nogueira de Ramuín). Trátase dun edificio de planta cadrada con patio interior, muros de cadeirado ben labrados e cunha cheminea decorada con pináculos. Conserva unha pequena capela separada da casa.