céntimo

céntimo

(< fr centime)

  1. s m [NUMIS]

    Centésima parte da unidade monetaria dos países adheridos á unión monetaria latina. No reinado de Isabel II designou varios divisores do escudo e do real e, desde 1869, é a centésima parte da peseta cuñada por Afonso XII e Afonso XIII.

  2. s m

    Moeda que ten este valor.

Frases feitas

  • Non ter/custar un céntimo. Non ter cartos.

  • Non valer un céntimo. Non ter valor ningún.