Centristas de Galicia

Centristas de Galicia

Partido político fundado en xullo de 1985 trala decisión tomada pola executiva de Centristas de Ourense (o partido orixinario) de consolidar o seu proxecto político en toda Galicia. A aparición desta formación política debeuse á crise interna de Coalición Galega (CG), desatada pola designación de Víctor Moro como candidato á presidencia da Xunta e polo abandono da vida política de Euloxio Gómez Franqueira. Logo de acadar importantes éxitos no ámbito municipal e obter representación na Deputación de Ourense, o partido disolveuse nos anos noventa despois da decisión de Victorino Núñez de incorporar a todos os seus membros no Partido Popular.

Palabras veciñas

centrípeto -ta | centrismo | centrista | Centristas de Galicia | Centristas de Ourense | centro | Centro