centrocampista

centrocampista

(< centro- + campo)

s [DEP]

Xogador que desenvolve a súa actividade no centro do terreo de xogo en deportes colectivos de oposición con balón, especialmente no fútbol. Cando o seu equipo está en posesión da pelota, a súa misión é distribuír o xogo e achegar o balón ás posicións próximas á portería contraria para que poida ser rematado por el mesmo ou polos dianteiros. Cando o seu equipo non está en posesión do balón, o seu obxectivo é recuperar o balón ou, cando menos, dificultar o xogo dos rivais e evitar que se acheguen á liña de retagarda do seu equipo. En función do espazo concreto que ocupen, fálase de interiores (cando xogan polas posicións laterais, pegados á banda), mediapuntas (centrocampistas máis adiantados, híbrido entre centrocampista e rematador) e organizadores ou pivotes (que teñen a principal responsabilidade na distribución e destrución do xogo, respectivamente cando o seu equipo ataca ou defende).