Cephalodiscus
Cephalodiscus
[ANIMAL]
Xénero de hemicordados da orde dos cefalodíscidos. Os individuos deste grupo acadan entre 1 e 7 mm de lonxitude e viven reunidos en tubos xelatinosos que, con frecuencia, forman un sistema anastomosado; fíxanse ás paredes dos tubos mediante pedúnculos extensibles e sacan a súa coroa de tentáculos pola abertura daqueles.