Cerezo
Cerezo
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe castelá, natural da vila burgalesa de Medina de Pomas. Estendeuse por Galicia, La Rioja, Jaén, Sevilla, València e unha rama pasou a Ecuador. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, cunha cerdeira de sinople; segundo e terceiro cuartel, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro.