certificado -da
(< certificar)
-
p reg
de certificar.
-
-
s
m
Documento expedido por un funcionario público competente ou por unha persoa autorizada legalmente que dá fe dun feito, do contido dun documento ou das circunstancias que constan en arquivos, rexistros, libros de actas, etc.
Sinónimos: certificación. -
certificado de arqueo
[MAR]
Documento estendido por un medidor oficial, indispensable para obter a inscrición nunha regata deportiva ou nunha regata de cruceiro. Tamén recibe este nome o documento oficial que necesitan as autoridades de mariña para a matriculación da embarcación nas listaxes administrativas.
-
certificado de boa conducta
Documento expedido pola autoridade gobernativa que valora o comportamento social e político que se esixe para facer determinadas solicitudes ou para acceder a un cargo.
-
certificado de medición
[MAR]
Documento que entrega o construtor da embarcación ou que estende un medidor oficial, que acredita que unha embarcación se adapta ás características e dimensións da serie á que pertence. Substitúe ao certificado de arqueo.
-
certificado de traballo
[DER]
Documento que o empresario dá ao traballador no que consta a duración e o cargo do obreiro na empresa.
-
certificado médico
Documento, redactado por un médico nun impreso oficial, destinado a constatar un feito de orde médica, como por exemplo o estado de saúde, as enfermidades sufridas, as vacinas administradas, o grao de idoneidade para un traballo determinado, a ausencia de enfermidades infecciosas, etc.
-
s
m
-
s
m
Carta ou paquete que se envían certificados por correo.
Ex: O carteiro tróuxome un certificado onte pola tarde.
-
[ECON]
-
s
m
Billete, recibo ou valor emitido por un goberno cunha determinada equivalencia monetaria e, ás veces, cun prazo concreto de vencemento.
-
certificado de depósito
Título de importe elevado, negociable a curto prazo (dun a doce meses) ou a medio prazo (ata cinco anos), cun rendemento marcado polo mercado monetario e que o emite unha entidade bancaria para financiar a súa tesourería. Creouse nos EE UU en 1961.
-
s
m