cerusa

cerusa

(

s f [QUÍM]

Pigmento branco, cun excelente poder de cubrición e solidez á luz, formado por carbonato básico de chumbo con algunha cantidade de carbonato neutro de chumbo. Obtense por diversos métodos tradicionais, como o holandés, baseado no ataque do chumbo con vapores de ácido acético e a transformación do acetato obtido en carbonato básico pola acción do dióxido de carbono. Empregouse moito na pintura ao óleo, sen embargo, o seu uso diminuíu a causa da súa toxicidade e da súa fácil degradación en contacto co gas sulfhídrico, a miúdo presente na atmosfera das cidades. Denomínase tamén branco de chumbo.

Palabras veciñas

cerullo | cerume | ceruminoso -sa | cerusa | cerusita | Ceruti, Giacomo | cerval