Cervelo
Cervelo
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume que remite ao latín cervellu, diminutivo de cervo. Documéntase no s XV: “Juan Fernandez Cerbelo” (doc ano 1491 en E. Cal Pardo, Catálogo de los documentos medievales escritos en pergamino del archivo de la Catedral de Mondoñedo 871-1492, 1990, p 698).