Cervino, monte

Cervino, monte

Pico dos Alpes Peninos de 4.482 m de altura situado na fronteira entre o val de Aosta (Italia) e o cantón de Valais (Suíza). Está constituído por gneis e ten unha forma piramidal aguda característica que fai difícil a súa escalada. A primeira ascensión conseguiuna un grupo de seis alpinistas comandados por Edward Whymper o 14 de xullo de 1865. A parede N, unha das máis difíciles dos Alpes, ascendérona o 1 de agosto de 1931 os irmáns Toni e Franz Schmid.