cesaropapismo

cesaropapismo

(< césar + papismo)

s m [POLÍT]

Sistema político no que o poder civil, co control e servizo do poder relixioso, intervén nas cuestións disciplinarias e teolóxicas. Foi combatido pola Igrexa Católica, en especial polos papas Gregorio VII, Inocencio III e Bonifacio VIII.