17 -cetoesteroides
17 -cetoesteroides
(< 2 ceto- + esteroides)
s
m pl
[BIOQ/FISIOL]
Esteroides androxénicos formados no córtex suprarrenal a partir do cortisol e nos testículos a partir da testosterona. Teñen dezanove átomos de carbono e un grupo cetona en posición 17. Elimínanse polos ouriños e a súa valoración permite estudar as funcións testicular, corticosuprarrenal e hipofisiaria.