Cetotherium
Cetotherium
[PALEONT]
Xénero de baleas de ata 4 m de lonxitude e de barbas curtas. Apareceu a finais do Oligoceno e prosperou ata finais do Mioceno. Presentaba características semellantes á balea gris agás no tamaño. Os xacementos máis importantes están en Bélxica e Rusia.