cetro

cetro

(< lat sceptru ‘cetro’

  1. s m

    Bastón simbólico, xeralmente dalgún metal precioso, que levan os emperadores, os reis e outras dignidades como sinal de autoridade.

    Ex: O cetro real estaba encol do trono. O cetro do capelán era dun metal prateado.

  2. s m

    Dignidade de rei.

Frases feitas

  • Empuñar o cetro. Empezar a reinar.

Palabras veciñas

cetrado -da | cetreiro -ra | cetrería | cetro | Cettia | Cetus | ceugma