Chaenomeles

Chaenomeles
[PLANTA]

Xénero de arbustos de ata 3 m de altura, da familia das rosáceas, ao que pertence a especie C. speciosa. Ten flores de cor rubia, coñecidas como rosas do Xapón, que aparecen antes ca as follas, ovais, de ata 5 cm de lonxitude e de beira dentada. Os froitos globulares son semellantes aos marmelos e empréganse para confeccionar confituras, polo que esta especie tamén se coñece co nome de marmeleiro xaponés. Orixinaria de Asia Oriental, é unha especie empregada frecuentemente con fins ornamentais en parques e xardíns galegos.

Palabras veciñas

Chadwick, Lynn | chaeira | chaela | Chaenomeles | Chaerophyllum | Chaetomorpha | chafallada