Chagas, enfermidade de
Chagas, enfermidade de
[PAT]
Doenza causada polo protozoo flaxelado Trypanosoma cruzi, descuberta polo patólogo Carlos Chagas en 1909. Propia de América Central e Meridional, transmítese por medio dos hemípteros heterópteros das especies Rhodnius prolixus e Triatomoa megista. Caracterízase pola presenza de febre, ollos inchados, malestar xeral, edema e agrandamento do bazo e dos ganglios linfáticos. Tamén se coñece como tripanosomiase americana.