chalana
chalana
s
f
[MAR]
Embarcación de pequeno tamaño, de proa aguzada e popa rectangular ou de espello cuberta. Xeralmente con remos, de dous ou de catro, aínda que tamén pode levar motor e destínase normalmente á carga. Debido ao seu fondo plano, preparado para augas tranquilas, emprégase, sobre todo, en labores auxiliares (amarre, fondeo, atraco, etc), nos portos e en tarefas de pesca, esencialmente na captura ao cerco real e en actividades de marisqueo de pequeno ou medio fondo, como a liña, a nasa e o rastro.