chaleco

chaleco

(< ár arxelino ğalika‘casaca de cativo’ < turco 2elék)

  1. s m

    Peza de roupa, xeralmente sen mangas e abotoada por diante, que cobre o peito e o lombo ata a cintura ou cadeiras, e que se pon enriba doutra peza.

    Ex: Comprou un traxe de chaleco gris.

    Sinónimos: colete.
  2. chaleco antibalas

    Peza de vestir de plástico ou de metal destinada a protexer o tronco humano dos impactos de proxectís de armas de fogo.

  3. chaleco salvavidas

    Especie de chaleco que permite flotar sobre a auga, feito xeralmente de lona, que contén no interior pezas paralelepípedas de capoc, cortiza, plástico ou doutros materiais lixeiros, ou pode inflarse con aire, e que se abrocha ao corpo cunha cinta ao pescozo e outra á cintura.

Palabras veciñas

Chalciporus | Chalcophora | chalé | chaleco | chaleira | chaleiro | chalequeiro -ra